Wednesday 15 de May de 2024

Contos, adiviñas e cancións nunha nova cita das Tardes de contos e lendas da biblioteca de Ordes


A biblioteca de Ordes volveuse a encher de nenos, nenas e de historias. Como cada último venres de mes as Tardes de contos e lendas fan as delicias de todas e todos os asistentes a esta iniciativa que, entre outros obxectivos, quere achegarlle a lectura aos máis pequenos e pequenas do lugar. Trátase dunha actividade que se pode desfrutar en familia, xa que tamén poden acudir pais, nais e acompañantes. ‘A falta de pan bos son os contos’ foi o título que, nesta ocasión, mesturou historias fantásticas, con adiviñas e cancións.